Etica marxiana

As éticas de tipo marxiano son fundamentadas na realidade económico-material e non na autonomía do suxeito. A ética intégrase nunha totalidade socioeconómica que cuestiona a autonomía moral kantiana.

Son preferidas as éticas de base materialista que son consideradas como centíficas e ilustradas, mentres que as idealistas son calificadas de irracionais, subxectivas e hedonistas. Esta división das ideas morais segundo un criterio socioeconómico leva consigo a relativización de valores e normas éticos.

Partindo do presuposto económico-materialista son rexeitados os tipos de ética matafísico-idealistas (aristotelismo, cristianismo) por ser demasiado abstractos, os subxectivistas e burgueses (kantismo e ética de valores) por antisociais e os empírico-sociolóxicos (Comte, Durkheim) por antidialécticos e ahistóricos.

Entre algúns dos principios que se poden asignar ás éticas de tipo marxista, teríanse:

  • As ideas, crenzas, ideoloxías e normas emerxen da base material socioeconómica.
  • A étic a non é resultado dunha natureza ou esencia eterna do home, se non dunha estrutura económica existente.
  • A étic a é parte da superestrutura ideolóxica e os valores morais xorden do sistema socioeconómico do que emerxen.
  • Existe unha correspondencia entre clases sociais e sistema de valores morais.
  • A acción moral debe ser praxe revolucionaria, que busque a transformación social nunha sociedade xusta e solidaria.
  • Os fenómenos morais deben ser analizados centíficamente co método dialéctico-materialista.

Marx

Para Marx e Engels, a moral, a relixión e o dereito son superestruturas ideolóxicas que reflexan a infraestrutura económica, expresando os intereses dunha clase e non expresando os dunha racionalidade universal. Unha moral que nace dunha sociedade de clases non pode ser se non ideolóxica.

O motivo polo que Marx oponse aos termos moralizantes (xustiza, deber e moral), é porque serven para enmascarar a inxustiza e a inmoralidade. Isto será o que dalgunha forma, e a súa maneira, dirá Nietzsche.

No modelo de sociedade ideal de Marx non faría falla nengún dos sistemas de coacción creados para manter a orde, non habendo nen Estado nen dereito, nen relixión ou normas morais. Para Marx, o mesmo progreso histórico levará á liberación do individuo e á obsolescencia da moral e outras estruturas coactivas.

Marx realiza unha desmitoloxización da moral partindo do rexeitamento de todo o que non sexa material, tal como fixeran Demócrito e Epicuro. A única forma de recuperar a liberdade é nun sentido materialista, non castigando o crime, se non destruíndo as condicións que o crean, e promovendo para cada individuo o espazo necesario para o seu desenrolo.