Interpretación cognitivo-evolutiva

Ao longo da segunda metade do Século XX, ábrese paso unha interpretación cognitivo-evolutiva da concencia moral, interesada en resaltar o carácter procesual da construción dos xuizos morais.


Piaget

Piaget intentou analizar o xurdimento do xuizo e da concencia morais ao través do seu desenrolo no neno. Na xénese do xuizo moral converxirían dous factores: a maduración intelectual da persoa e o influxo do entorno social. Irían á par crecemento moral e progreso intelectual.


Kohlbert

Para Kohlbert, o desenrolo moral concíbese como unha interacción do suxeito individual co medio social, na que suxeito non só asume pautas sociais de comportamento, se non que de forma espontánea as modifica. O desenrolo da concencia moral abarcaría o período que vai dos 10 aos 17 anos.

O desenrolo moral, para Kohlbert, non é o resultado da presión social, se non dunha combinación das decisións do propio suxeito e da aportación do entorno. Unha vez superadas as fases premorais da infacia, o deber aparece como a capacidade para coñecer e practicar normas. O desenrolo moral ten como crecemento máximo o modelo kantiano da ética, coa universalidade dos principios morais, a autonomía de concencia e a consideración do home como un fin en sí mesmo.

Kohlbert distingue 6 estadios que se clasifican dentro de tres niveis:

  • Nivel 1 ou Preconvencional, no que predomina a moral heterónoma e a acción mimética, nunha conduta premoral.
  • Nivel 2 ou Convencional, na que é asimilado de forma conscente o entorno social e o seu sistema de valores.
  • Nivel 3 ou Posconvencional, no que as accións morais enxúizanse a partir de valores, principios e dereitos, aceptabeis para todos os individuos dunha sociedade con fin o bo e o xusto.
  • Estadio 1. Ten protagonismo a obediencia e o castigo. A moralidade faise consistir na sumisión e seguemento de normas que teñen como consecuencia un castigo.
  • Estadio 2. Teñen protagonismo o individualismo, os fins instrumentais e o intercambio, sendo as normas de conduta un reflexo do interese individual. En caso de conflicto de intereses os intercambios deben ser regulados polo pacto e o acordo. O correcto é satisfacer as necesidades propias, recoñecendo que os demáis teñen dereito ao mesmo.
  • Estadio 3. Teñen protagonismo as relacións interpersoais e a conformidade mutua, a acción adquire dimensión social e o suxeito considérase membro dun grupo, sendo o criterio de actuación o que os outros pensan. Búscase aparecer como boa persoa aos ollos dos outros, actuando segundo as expectativas do entorno social.
  • Estadio 4: Teñen protagonismo a aceptación do sistema social e de concencia, adecuándose as accións ás normas do grupo e ao recoñecemento social. Considérase correcto o cumplimento dos compromisos, e manter as leis salvo conflicto con normas superiores. O correcto sería priorizar os intereses do grupo fronte aos propios.
  • Estadio 5. Teñen protagonismo os dereitos do individuo e o contrato social, existindo a concencia de valores e normas xerais básicos. Actúase segundo ás regras froito de acordo imparcial ou contrato social. Hai valores e normas que deben manterse por riba das opinións maioritarias.
  • Estadio 6. Teñen protagonismo os principios éticos universais, válidos para toda a humanidade. O correcto serían principios universais aceptados por un mesmo. Cando existe un conflicto entre unha norma particular e unha universal, imponse a universal. A xustiza, igualdade e a dignidade dos seres humanos son a base dos principios éticos universais.

Dentro da división de estadios de Kohlberg, dentro do proceso de maduración da concencia de Occidente, Socrates e Kant pertencerían ao Estadio 6 cunha ética posconvencioal, Platón e Aristóteles terían certo retroceso polos seus lastres metafísicos, a ética ideal do sabio e a cristiana da perfección persoal terían o inconvinte da escasa capacidade para a universalización. No caso das éticas da sofística e do humanismo renacentista teríamos simples crises de pubertade no medre da concencia moral.