Tendo como antecedentes as correntes neopositivistas e analíticas, no ámbito cultural anglosaxón desenrolouse o metaética (ou lóxica da ética), unha teoría práctica centrada na análise dos termos e enunciados morais.
Poden distinguirse no desenrolo da metaética tres fases:
- Primeira fase, na que predomina o intuicismo moral, para quen os enunciados básicos fundamentais, que conteñen o termo «bo», son cognoscibeis pola vía da intuición. Dentro do intuicismo moral teríase como referente a Moore.
- Segunda fase, a do emotivismo moral, na que a linguaxe moral carece de significado e non é traducíbel en termos de verdadeiro/falso, e que di que os xuizos morais reflexan únicamente emocións e sentementos do suxeito, tendentes a provocar os mesmos sentementos no ouvinte. Entrarían nesta fase os positivistas lóxicos, e autores como Ayer e Stevenson.
- Terceira fase, a do precriptivismo, no que ao linguaxe moral non se lle asignaría un significado centrado na súa verdade/falsedade, se non no uso e función, que consistiría en prescribir formas de conduta para sí e os demáis. Dentro do precriptivismo poden incluirse a Hare e Nowel-Smith.
Emotivismo
Na corrente que vai de Hume e pasa polos positivistas lóxicos, xorden uns metaéticos que cren no non-cognotivismo, ou sexa, que negan valor centífico-cognitivo á linguaxe moral. Entrarían en liña coa tradición empirista e ilustrada anglosaxona formada por Shaftesbury, Hutchesos e Hume.
Dentro do emotivismo contemporáneo están Ayer e Stevenson, situados na máis pura tradición do positivismo lóxico e das súas análises dos xuizos morais. Para eles, a linguaxe moral pertence ao ámbito do irrazoal e subxectivo, e o seu estudo debe ser realizado pola psicoloxía. As proposicións da ética non se acomodan aos procedementos de verificación establecidos polo positivismo lóxico, e non se pode atribuir á linguaxe moral os termos de centífico, obxetivo e racional.