A relixión ten aportado frecuentemente valores morais, que incluso unha vez perden a referencia á orixe relixiosa, persisten como instancias eficazmente operativas na ética non relixiosa. Moitos códigos morais xorden de impulsos da relixión, e a separación entre relixión e ética civil sucede tardíamente debido á secularización e o pluralismo cultural.
Hai que ter en conta que a ética é praxe racional que ten como dúas categorías centrais o deber e o bo, mentres que a relixión ten por categorías centrais a salvación e Deus.
A filosofía medieval está centrada na teoloxía. A medida que a Divinidade adquire rasgos antropomórficos e persoalistas, a relixión moralízase, asignando a Deus cualidades morais, ben proclamándolle valor supremo, ben sendo orixe das normas e garante da orde social. Aparece o fenómeno de tránsito do mito ao logos, no que o ethos inmanente ás diferentes culturas foi interpretado como deber relixioso e como mandato divino revelado.
Ética cristiana
Ética cristiana católica
O problema da liberdade manifesta os conflictos entre o antropocentrismo da cultura moderna e o teocentrismo relixioso, que centra a súa visión na autoridade e nas instancias que promove, como son a revelación, a tradición e o maxisterio da Iglesia, cuestionadas todas pola modernidade, dende o libre exame promovido pola Reforma protestante, polo racionalismo de Descartes ou polo suxeito moral autónomo de Kant.
A ética relixiosa católica oponse a un conceito de liberdade en que apareza como demiurgo creador de verdades, valores e normas, na que Deus sería despoxado das súas competencias e se anularía o principio da revelación de Deus na historia e na natureza.
Ética protestante
En Lutero aparece a Idade Media que vai desaparecendo e a Modernidade que está en proceso de xestación. Lutero pon en cuestión a mediación da Iglesia na relación do home con Deus, poñendo en releve a autonomía do suxeito que estaría en soidade ante un ser superior do que só pode esperar benevolencia. Deste xeito, aparece un suxeito moderno dividido entre un deber ser que non está ao seu alcance e un ser que o degrada afundíndoo na miseria.
Os inicios da Idade Moderna aportan a novidade da Reforma protestante. Nel o espíritu da modernidade entra mediante o protagonismo que adquire o suxeito moral. Se a crise de valores da cultura medieval, xuntamente coas vivencias persoais dos reformadores, desembocara nunha concepción pesimista do home, o cambio moderno cara a subxectividade levou asociado unha interiorización da relixiosidade e no conseguinte protagonismo da concencia moral (transformada en concencia crente).
O que Husserl denomina redución transcendental na concencia, aparece xa dalgún xeito na redución luterana á subxectividade crente. Heidegger reformará a idea secularizándoa na súa ontoloxía do ser como acontecer, pero nun acontecer sen alternativa salvadora, condeado á angustia e a desesperanza.