Metafísica

Chega a dicirse que a filosofía occidental non pasa de ser notas a pé de páxina de Platón e Aristóteles. Vese na tradición que vai dende a moral e mística cristianas, o humanismo renacentista e a neoscolástica contemporánea. O mundo clásico plasmaría o canon da moralidade, aparecendo a cultura grecolatina como principio constituínte do sistema de valores, ideas e normas que configura a concencia moral de occidente.

Como rasgos destas éticas herdadas teríamos: concepción obxectivista do bo fundado sobre a metafísica do ser, cognitividade do fenómeno moral, sistema coherente de fundamentación racional de valores e normas, protagonismo das dimensións psicolóxicas e antropolóxicas da acción moral (motivación, decisión, liberdade, desexo, finalidade, …).

A ética clásica moveuse a partir de Sócrates cara a posicións intelectualistas, en detrimento dos factores xa valorativos ou emotivos, que a reflexión deulle maior transcendencia (en especial a do Século XX).

Aristóteles introduxo a diferenciación dos ámbitos e facultades do saber e do querer, mentres que Sócrates e Platón quedaran na fase do intelectualismo, Aristóteles desenrola unha teoría da vontade coas actividades privilexiadas do apetecer e decidir.

Na ética clásica o protagonismo das éticas centráronse ou no ben, ou na virtude ou na felicidade. Cada filósofo que tratou o tema da ética enfatizou o ben, a virtude ou a felicidade no seu pensamento, escollendo un ou outro caso como principio rector.


Felicidade

A idea de felicidade, xunto cos conceitos de ben e virtude, ocupa a centralidade na concepción clásica do mundo moral. Toda a ética grega ten o compoñente do eudemonismo, e é necesario que se chegue na historia a Kant para atopar un desplazamento con coerencia da felicidade polo deber.

Mentres que os sofistas, en concordancia coa súa visión utilitaria da vida, fixeron consistir a felicidade en posesión e desfrute de bens obxetivos externos ao home, como poder, riqueza e prestixio, Sócrates fai seu o conceito de felicidade, relacionándoo coa alma e o exercicio da virtude. A felicidade non está nos bens externos e corpóreos, se non na perfección que a alma consegue mediante a virtude.

Aristóteles identifica a felicidade coa actividade intelectual, con ésta o home aquel algo divino que ten nel, a intelixencia. O filósofo procura alcanzar a vida contemplativa mediante a reflexión, que leva á felicidade plena e a compartir a actividade dos deuses, dalgún xeito. Para Aristóteles, a felicidade exclúe a vida solitaria e implica a vida social, sendo felices cando se está con familiares e amigos, comunicándose co diálogo e desfrutando da amizade.


O ben e o bo

Os gregos chamaron o ben, o bo, ao excelente e digno de admiración e aprezo. A bondade aplica inciamente ás cousas que se din boas se posúen a perfección debida ao se ser, o que sería a dimensión ontolóxica do ben, e o ben se converte en tema central da metafísica. Bo tamén denomínase a algo en relación a alguén ou algo, aos que aporta proveito ou felicidade, o que sería a dimensión teleolóxica do ben e que entraría a formar parte das categorías básicas da ética.

Para Sócrates, o ben é pensado como benestar do individuo, felicidade, e é vinculado ao exercizo da virtude. Pola contra, para Platón o ben posúe unha inmensa riqueza de sisgnificados, pasando porque o bo é o que proporciona felicidade ao home, e por iso é apreciado e desexado por el. As cousas son boas se están dotadas de perfección. Unha acción sería boa se procede da virtude. Ademáis, Platón fala da idea do ben, da que da súa bondade participan o resto de ideas e cousas, sendo esta idea o vértice do mundo xerarquizado das ideas e outorga realidade e verdade a todas e cada unha delas.

O ben encarna para Platón á divinidade, e é obxecto de veneración e culto, sendo a base dun modelo de moralidade, articulado na dualidade do mundo intelixíbel das ideas-mundo sensíbel das cousas. A acción humana estaría situada no mundo sensíbel, e a ética concrétase nunha ascética de liberación das aparencias sensibeis e nunha ascensión cara a idea de ben.

Aristóteles vincula a idea de ben ás ideas de ser e de fin. Deste xeito, defínense dúas áreas epistemolóxicas distintas pero enlazadas: o da ontoloxía e a ética, ocupándose a primeira do ser e a segunda da finalidade.

O significado prioritario do ben en Aristóteles deriva do conceito de fin, sendo o ben e o bo o que cara o que todo ser e acción tenden. Todo ser desexa realizar a súa natureza ou esencia na que reside a súa propia perfección.

O universo de bens atoparíase xerarquizado e ten como ben superior o ben supremo, que é escollido por sí mesmo e non como un medio para chegar a outro.


A Finalidade e o fin

Na filosofía clásica a idea de finalidade xorde como contracategoría dunha imaxe mecanicista do cosmos, dominada pola necesidade e os poderes irracionais.

Aristóteles opón unha a natureza dominada polo azar unha natureza rexida por unha finalidade inmanente á mesma, e segundo a cal as cousas tenden á súa propia perfección. Previamente, Platón introducira unha intelixencia ordeadora que dirixía os procesos cósmicos de forma racional, tratando de superar unha visión caótica do acontecer das cousas.

Aristóteles ao enumerar os principios e causas das cousas menciona a causa final, á que lle dá prioridade e adquire relevancia nas concepcións da ética, permitindo unha clasificación entre éticas teleolóxicas e deontolóxicas:

  • Unha ética teleolóxica enxuiza a acción moral dependendo dos fins que persegue.
  • Unha ética deontolóxica enxuiza a acción moral a partir do deber e da norma que o regula

Os fins son múltiples, segundo a multiplicidade de actividades das cencias, e algúns son subordinados e ordeados cara outros fins superiores, pero para evitar un proceso de subordinación até o infinito é necesario que exista un fin último, ao que todo fin subordinado ordéase. Sería o ben supremo que orienta todas as nosas actividades, e na súa posesión gradúase a felicidade.

O fin aristotélico ten un significado máis profundo que o que se denomina valor ou motivo, posuíndo un rango ontolóxico que coincide coa esencia da cousa, onde a cousa oriéntase e tende, dado que esa é a súa perfección, o que en termos de Aristóteles sería a entelequia (actualización do que algo pode ser e está chamada a ser).


A Virtude

Na ética clásica a virtude compite no protagonismo co ben e a felicidade, e algunhas éticas foron calificadas como aretolóxicas, e centradas na virtude. Na ética moderna existe un cambio nesta importancia, pasando dun foco no obrar ben a un obra correcto, preferindo centrarse no deber e a fundamentación racional do mesmo.

Sócrates sostivo que o conceito de virtude non tiña que coincideir coa destreza utilitaria, se non coa cualidade da alma que fai ao home ser bo, pasando a virtude a ter un fondo significado ético.

Para Sócrates, a virtude é coñecemento: saber, e a ignorancia ou carencia: vicio. Esta concepción levaron a que se lle etiquetara de intelectualista, e é o que exista unha grande distancia entre a ética socrática e a praxe sofística.


O pracer

O hedonismo é a concepción da ética que fai consistir o ben e a felicidade en pracer.

O hedonismo epicúreo prescinde da metafísica como fundamento da ética (dogma central en Platón e Aristóteles), como consecuencia do clima cultural da época grega na que a polis deixou de ser unha institución central (cando Alexandro Magno impón un imperio de tipo supranacional). A filosofía pasa a ter un sentido fundamentalmente práctico, no que a ética cumpre a función de orientar a vida.

O epicureísmo está vinculado ao contexto histórico e ao período de crise das cidades estado tras a caída do Imperio de Alexandro Magno. Epicuro buscaba conseguir a felicidade e alonxarse da causa dos medos para o que, dicía que non se debía temer aos deuses nen ao destino, e non preocuparse pola morte, o bo era doado de conseguir e o doroso doado de suportar. Hai que liberarse das constriccións dos costumes e da política, o que implica que hai que conformarse cunha vida simple pero que outorgaba máis liberdade, evitando depender da inquietude que xera a aprobación dos demáis.

O epicureísmo pretendía ser un hedonismo moderado na que a consecución do pracer faise nun exercizo práctico de avaliación do que é mellor e máis adecuado para cada circunstancia.

Fúxese dos desgostos e vaivéns da vida pública e da actividade política, que levan asociados unha carga de desasosiego, e que son importantes obstáculos para a tranquilidade e imperturbabilidade do ánimo. Pola contra trátase de escoller a autonomía persoal e transferir a moral á vida privada, cun lema parecido ao de vivir escondido.

O lugar do bo vivir dos epicúreos era o xardín, o horto lonxano do axetreo urbano e a parcela rodeada de natureza virxe, onde o home público e os seus compromisos políticos son sustituidos pola cultivo da amizade nun grupo selecto.


Estoicismo

A ética debe ao estoicismo a categoría fundamental do deber, conceito que antes dos estoicos apenas aparece, pero que entra na filosofía no período helenístico e que logo toma protagonismo nas éticas na época da Ilustración, sendo categoría central da ética kantiana.

O dereito pasa a ter como base a natureza e a racionalidade xera o deber. O logos introduce exixencias que levan á obriga moral, tendo como consecuencia unha deontoloxía naturalista que provoca un cambio na concepción da ética, pasando dunha perspectiva eudemonista (central na teoría platónico-aristotélica) por unha posición deontolóxica, que privilexia a idea de deber fronte á idea de ben.

A intencionalidade principal do estoicismo é a ética, sendo o modelo de vida por el construído unha culminación no conxunto das reflexións prácticas do mundo grego, e deixando unha profunda influencia na historia espiritual de Occidente, en especial no cristianismo (ao que aporta as ideas de providencia e lei natural).

No estoicismo, a natureza adquire rasgos de organismo vivinte, animado por unha razón divina, onde todo acontece de modo necesario necesario baixo o destino, unha providencia que coverna a totalidade segundo unha finalidade preestablecida. Tense un mundo rexido pola finalidade, e que non está abandoado ao azar.

O estoicismo prolonga e ás veces enfatiza os compoñentes racionalistas da tradición moral socrática:

  • Visión teleolóxica-providencialista da natureza.
  • Ascética do deber e da virtude.
  • Cosmopolitismo igualitario na polis universal do Imperio.
  • Despersoalización do destino individual nun cosmos rexido pola fatalidade.
  • Privatización do compromiso moral.
  • Relixión como experiencia profunda da vida humana.

O estoico acepta con resignación e con sabedoría os desencontros e desgrazas que trae a vida. A virtude estoica central é a ausencia de paixóns, pois éstas considéranse un impedimento para a vida boa, máxime cando a vida ríxese pola moderación e o ascetismo. Dalgún xeito, o que predican os estoicos é non deixarse dominar polas paixóns, evitando sentilas, suspender o xuizo, non xuzgar a realidade se non limitarse a aceptala sen, dado o caso, darlle valor algún.

A dignidade humana é un valor fundamental para o estoicismo, e é interpretada polo estoico como a capacidade do individuo para dirixir a conduta a pesares das adversidades e contratempos.


Privatización da ética

Cando acontece o derrube dos ideais de liberdade e democracia da polis clásica, o individuo busca refuxio na propia interioridade para atoparse a sí mesmo como persoa autónoma, alcanzándose unha privatización da ética. Dos proxectos éticos de Platón e Aristóteles de formar ao home público como cidadán virtuoso, pásase a unha simple búsqueda da felicidade no ámbito privado.