A ética fenomenolóxica ou ética material dos valores é unha modalidade de tematizar cuestións morais amplamente cultivada no período entre a Primeira e Segunda Guerra Mundial. Caracteríazase por tomar partido en contra do modelo kantiano de moralidade, tendo como intención básica en rachar os límites impostos ao mundo moral polo modelo denontolóxico kantiano.
A ética fenomenolóxica recoñece a importancia das categorías de norma e deber á hora de construír o mundo moral, pero concédelles un segundo plano, privilexiando o protagonismo do valor e da intencionalidade en canto estruturas dos actos de concencia. Ten como aspiración restablecer a conexión entre norma e valor, recuperando a experiencia moral orixinaria, utilizando o conceito de valor para restablecer as dimensións psicolóxicas do actuar humano: o sentemento, a vivencia, a intuición, etc.
Para rachar das estreiteces do positivismo centífico necesitábase un distanciamento da actitude naturalista, interesada exclusivamente na facticidade sen máis dos feitos, polo que se adopta a actitude fenomenolóxica que está centrada na captación intuitiva das esencias.
Para a fenomenoloxía, o mundo sobre o que versa a actividade do suxeito non é reducíbel a mero acto de concencia, sendo un mundo que transcende os límites da subxectividade. A intencionalidade pasa a ser a ponte entre a subxectividade e a obxectividade. Hai que ter en conta que Husserl estaba máis interesado por problemas gnoseolóxicos que por problemas éticos, convertindo a intencionalidade no fundamento do seu método fenomenolóxico.
Contexto
Na primeira parte do Século XX aparece a filosofía dos valores como reacción ás pretensións de:
- O obxectivismo que buscaba aplicar o método das cencias naturais a todo tipo de saber.
- A unilateralidade do formalismo subxectivista kantiano.
Como consecuencia, a fenomenoloxía busca reorientar a filosofía por un camiño distinto aos que percorren o empirismo psicoloxista e o formalismo kantiano.
Husserl
Husserl analizou a transformación da razón no seu tempo chegando á conclusión da existencia dunha crise da cencia e a da razón, reflexada na perda de fe na mesma. Para el da extensión centífico-naturalista estaban expulsando determinados valores da cultura, por exemplo, disolvendo a ética en cencia natural e tecnoloxía.
Husserl propón a reinserción da civilización centífico-tecnolóxica nunha interpretación humnística-transcendental da vida, que denomina mundo da vida da concencia, na que residen apriori os valores ético-políticos do suxeito. Trátase de que o saber cambie de perspectiva e en lugar de centrarse no ser en sí do obxecto, percibido como cousa física formalizada pola matemática, pase a un ser con sentido para o suxeito, que é o que a hermenéutica fenomenolóxica desplega na intencionalidade dos actos de concencia.
Scheler
Scheler establece unha xerarquía de valores sobre o criterio de que os valores vinculados a persoas priman sobre os vinculados ás cousas. Define catro niveis axiolóxicos, tendo en conta o nivel de importancia de cara a ética vai ascendendo nivel a nivel:
- No nivel máis baixo están os valores da sensibilidade e as súas formas de experimentar o agradábel e desagradábel.
- Logo os valores vitais, como son o nobre e o vulgar.
- Os valores captados polo sentimento espiritual: estéticos, éticos e culturais.
- No nivel máis alto están os valores relixiosos, que xiran en torno a distinción de sagrado e profano.
Scheler coincide con Kant en adoptar unha posición transcendental, postulando un apriori como suporte da ética, e rexeitando o obxectivismo empirista. Para Scheler, este apriori é material e non formal, obxectivo e non subxectivo, concreto e non abstracto. Os valores son previos a que o suxeito os descubra mediante a intuición emocional. Segundo Scheler, existe un mundo extrasuxectivo de valores, con anterioridade a que a especulación filosófica interprete o mundo con ideas abstractas e a que o dereito regule as condutas mediante leis.
Persoalismo e ética relixiosa
O persoalismo filosófico proclama á persoa valor absoluto e fundamento do mundo moral, descartando dende a persoa o agnosticismo e relativismos éticos. É deseñado un proxecto ético enraizado nun plano relixioso. Trátase de construír unha ética en perspectiva axiolóxica que teña como centro un valor supremo (Deus).
Entre os pensadores que poderían incluírse nesta tendencia en filosofía estarían Pascal, Kierkegaard, Scheler ou Levinas.
Teríase unha ética que remite a Deus en última instancia por un camiño antropolóxico-existencial, en vez do tradizoal metafísico-obxectivista de matiz escolático. Como consecuencia, as condicións de posibilidade da ética non se circuncribirían a un suxeito moral abstracto de corte intelectualista, se non que remiten a un Deus persoal en calidade de valor supremo.